viernes. 19.04.2024
O Barco

Viloira incorpora novas figuras o seu Belén

Poderase visitar en horario de misa pola semana e a partir das once da mañá o domingo

O Belén de Viloira incorpora este ano novas figuras artesáns traídas dun obrador de Valencia. Como nos cinco anteriores atópase na igrexa de Viloira, pero este cambiou de lugar dentro da mesma, xa que o espazo quedaba escaso. Agora está situado fronte a porta lateral, por onde habitualmente se entra. Permanecerá aberto até a primeira  semana de febreiro en horario de misas. Pola semana as portas da igrexa ábrense as cinco da tarde, unha hora antes da homilía e o domingo as once.

Sonia Sarria unha das colaboradoras na feitura do Belén de Viloira

Divídese en dúas zonas, segundo nos conta Sonia Sarria, atendendo  ó poder  económico das xentes. «Fomos facendo un orde, pondo  as cousas máis ricas máis cerca do castelo: a botica, as xoias, alfombras, teas e especias», sinala Sonia. Na parte esquerda está o presebe co co nacemento, e nesta zona o horto, as pitas, o rabaño de ovellas e até un carro con palla.



Os oficios máis humildes como o ferreiro, o carpinteiro, panadeiro ou a noria con auga  —todos eles mecanizados— atópanse no centro.  No mercado da parte esquerda, os postos do oleiro,, a cantina, o zapateiro ou o cesteiro, os que se achegan as xentes do máis vario pinto. No centro unha praza empedrada onde xogan uns nenos o carón da fonte da que sae auga decontino.

Ó pé do castelo atópase o mercado máis podente: Xoieiros, vendedores de teas e alfombras, especias, froitería —as froitas feitas con plastilina son obra de Sonia—. Hai que pasar o río, con auga e pedras traídas de Domiz, segundo asegura Sonia, onde están os pescantíns, o muiño e xa no fondo a beira dereita a pousada.

Detalle dun pano feito por Teresa, unha veciña de Viloira que aportou o seu grau o Belén

Este Belén, segundo nos conta Sonia Sarria unha das persoas que colabora na súa realización, está feito por catro matrimonios da parroquia que traballan arreo desde o mes de setembro para que todo estea listo chegado o Nadal. Sonia, Carmen, José, Luisa,  Brisi, Eulogio, Felisindo e Juan Carlos quedan até altas horas da madrugada colocando e conformando o Belén.

Se queres escoitar o que nos dixeron Sonia e Carmen fai click na seguinte ligazón:

Fináncianse coas axudas do cepillo da igrexa que lle da o párroco e tamén cos donativos que lle vai deixando a xente. «As figuras son moi caras», argumenta Sonia. Este ano gastaron preto de 2.000 euros en comprar Reis, novas casas e as figuriñas dos nenos que xogan na praza empedrada na que se pode contemplar unha fonte.

Por todos os rincóns do Belén pódense ver panos feitos a ganchillo por Teresa, unha veciña de Viloira a que lle gustan as labores e que quixo colaborar deste xeito.

Tamén reciben

axuda de veciños como os captus de Agroviloira, a electricidade de Eulogio ou

os carteis de Javier Brasa. «Damos as gracias a todos os que nos axudan. Vamos

a comprar e dánnolo», subliña Sarria.

Video percorrendo o Belén de Viloira:

https://www.youtube.com/watch?v=sS1whR4zBX4&feature=youtu.be

Viloira incorpora novas figuras o seu Belén