viernes. 29.03.2024
O Barco

Suso Vilasánchez: «O Barco está fora do mapa e o BNG vair revertir ista situación»

O candidato nacionalista avanzou o seu programa para as eleccións municipais con proxectos como unha línea de transporte para unir o medio rural e urbán

O BNG de Valdeorras mantivo un encontro para presentar a súa candidatura a alcaldía de O Barco para as próximas eleccións municipais. O cabeza de lista é o enfermeiro Suso Vilasánchez. A deputada provincial no Parlamento de Galiza, Noa Presas, arroupou a presentación, que desenvolveuse en O Barco de Valdeorras. A lista vai encabezada por Suso Vilasánchez, seguida por María Dolores Rodríguez, Daniel Calvo, Noa Fernández e Manuel Carlos Caramés.

Membros da lista municipal do BNG de O Barco

Suso Vilasánchez iniciou a súa intervención facendo un retrato de O Barco, unha vila que «está fora do mapa», dixo. O BNG, engadiu, vai revertir dita situación, para que sea «unha vila para vivir, con futuro». Manifestou que é tempo de que a xente tome decisións, da participación cidadá, avanzando que no proxecto nacionalista se contempla un regulamento para isto. Ademais, apuntou, «é tempo de ter unha información en rede», facendo así alusión a que a veciñanza debe «poder encender o ordenador e ter información sobre o seu concello». Tamén defendeu a elección de pedáneos de forma democrática.

Intervención de Suso Vilasánchez

Suso Vilasánchez avanzó un proxecto global para o Concello de O Barco, entre eles de carácter empresarial e asociativo e, asemade, de conexión entre o núcleo urbán e rural. «Queremos crear unha línea de transporte rural e urbán. Non é difícil nin é caro». O obxectivo é facilitar os desplazamientos aos veciños do medio rural.

Asemade, dixo que «é tempo de remunicipalizar os servizos», que «moitos deles acabaron no Xuzgado». Falou da piscina municipal que «leva dando moitos problemas, sendo unha grande consumidora dos recursos municipais».

Vilasánchez dixo que a súa aposta pasa por facer unha política transversal, feminista, atendendo á diversidade e aos colectivos mais desprotexidos. «Nos non imos estar comendo bacallau en Portugal, senón tirados diante do Hospital para que non pechen camas», apuntou.

Víctor Sierra Nieves presentou o acto

O candidato nacionalista dixo que quere facer de O Barco un concello xerador de riqueza. «Agora mesmo o concello non atrae xente e os mozos e mozas teñen que emigrar para poder traballar. Crearemos políticas para fomentar a microeconomía», expresou.

Tamén prometeu cultura para O Barco, «porque a precisa, aproveitando os edificios municipais abandonados»; políticas medioambientais relacionadas co río Sil; a repoboación forestal e a recuperación da memoria histórica da vila. «Hoxe en día o Barco é unha vila sin identidade. Podería ser unha vila de Murcia o Castela, pero é un pobo de Ourense cunha cultura de seu que imos intentar recuperar», remarcou.

«Fronte a un PSOE esgotado, o BNG dará un novo impulso no Barco de Valdeorras cun equipo de xente traballadora, xenerosa e coñecedora das necesidades da vila», concluiu o candidato nacionalista .

Intervención de Noa Presas

Pola súa banda, Noa Presas, destacou destacou a importancia de que o BNG irrompa con forza no concello e recupere a voz propia en Madrid. Detallou que nos últimos anos a ausencia do proxecto nacionalista nas cortes do Estado pasoulle factura a Galiza e á provincia de Ourense. «De pouco lle valeu a Valdeorras ter un alcalde presidente da FEGAMP xa que nestes catro anos non se avanzou como país», valorou.

O acto culminou cunha cena entre militantes e simpatizantes.

Suso Vilasánchez: «O Barco está fora do mapa e o BNG vair revertir ista situación»