As baixas temperaturas impropias da época do ano na que estamos e a retransmisión do partido de Eurocopa da Selección Española minguou a participación de xente nesta nova edición da Noite Branca. Pese a estes contratempos, os comerciantes que se adheriron a campaña cualificábana de éxitosa tanto pola animación nas rúas, como polas vendas acadadas; que pese a ser menores co ano anterior tamén foron boas, suliñaban os comerciantes.
"Divírtete paseando e mercando nunha noite diferente" era o lema escollido polo Barco Aberto Centro Comercial, e non defraudou xa que a xirafa Josefa ou Rufino animaron a tarde noite do 17 de xuño.
Cunha decoración especial na que os globos e o branco foron os protagonistas 39 establecementos participaron no evento. Crash, Azul y Rosa, Zapatería Palpié, Super Onda, Boutique Glory, Mercería Carmiña, Miranda X, Margot Peluquería, D´Chus, Deportes Tri-Sport, Baamonde Zapatería y Complementos, Ana de la Puente Perfumería y Estética, Bisutería y Complementos Eiffel, Zapatería Step Up, Miranda M, Ana Óptica, Can-Can, Perfumería Pamen, Chuches Ale, Mis Personajes, Laurarte, Flores Snat, Mhussk, Pizpireta, Garoba, Depidel, Top Queens, Librería Murciego, Boutique Suá, Estética Rocío Carracedo, Moral Zapatería, Bar A Cova, Vinum, Divino Paseo, 13/14, Tapería Al Natural, Pilardos e Confecciones Elena, agasallaron os clientes con descontos do 20% en toda a roupa de tempada e moitas sorpresas.
A animación, espectáculo e música polas rúas estivo a cargo de Troula Animación, ca xirafa Josefa, o domador e a funanbulista no primeiro pase e os cociñeiros Rufino e Rufina no segundo, quen motivaron con argalladas e risas as compras. O pasarrúas tocárono os Celtas Largos, DJ Ton y Son puxo a música en Abdón Blanco, e Son D´Vigo actuou no paseo do Malecón a partir das 23:30. Os establecementos de hostalaría participantes dispuñan de paella para agasallar os clientes.
Noite Branca, unha nova iniciativa do Barco Centro Comercial Aberto para potenciar as vendas e o comercio local.