Iso foi o que pensaron desde a concellaría de deportes do concello do Barco, cando decidiron que o 30 de xullo, sería unha boa idea saír nunha noite de verán a recorrer as rúas do barquenses.
“Con una temperatura estupenda, a xente está moi animada, non hai mais que velos por aquí, sobre todo aos pequerrechos, teñen ganas de arrancar canto antes”, dicía Aurentino Alonso, concelleiro de deportes, uns intres antes de comezar a terceira bicicletada nocturna. Os case que cincuenta participantes tomaron a saída desde a praza do concello para recorrer o Malecón ata Calabagueiros, logo subiron á estrada xeral (avenida de Galicia), para ir a Viloira e desde alí ó polígono da Raña. Rematouse na praza do concello onde houbo agasallos para os participantes e sorteos adicionais nos os que tiveron mais sorte gañaron maillots e cascos.
O concelleiro aseguraba que se celebrará unha nova edición, pero “haberá que darlle una voltiña para ver si a xente se anima un pouco mais”. Hai que ter en conta, que nesta época hai festas en moitos lugares da comarca e a afluencia de mozos en idade de saír foi nula. “ É difícil competir cas festas”, corroboraba Aurentino.