A tarde do venres previo ao entroido, no Colexio Condesa de Fenosa, está pensada para desfrutar. O pequenos —e non tan pequenos— puxéronse os disfraces confeccionados manualmente por eles mesmos para representar a temática en torno a que xiraba este xa tradicional desfile, A Cultura Galega.
Os subtemas agrupábanse por cursos. Sucesivamente dende os máis pequenos de infantil, ata os de sexto os nenos e nenas foron desfilando ante a mirada atenta de todo o que se quixese achegar a pasar un bo rato. Nestes grupos podíamos atopar a figuras típicas da tradición galega como poden ser os druidas, as bruxas ou a Santa Compaña.
Pero isto non é todo, unha vez rematada a exhibición todos os asistentes puideron disfrutar dunha chocolatada ofrecida pola ANPA do colexio. Ademais, coa fin de recaudar fondos, alguns pais e nais dos alumnos de sexto organizaron un pequeno mercado no que se podían adquirir dende doces ata pequenas pezas de artesanía.