domingo. 08.06.2025
+ DEPORTE

Xa está en marcha a III Xuntanza Motera Primaveral Valdeorras

A Rúa acolle esta fin de semana a III Xuntanza Motera Primaveral de Valdeorras organizada pola Peña Motera A Manada, en colaboración co concello rués. Os días 28, 29 e 30 de abril o son dos motores serán protagonistas en Valdeorras. Máis de 150 moteros concentráronse este venres no Aguillón, para celebrar unha pinchada popular seguida pola xa tradicional festa motera.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_motos_arua_2017_04_29-8.jpg"]

A troula alongouse ata ben pasada a media noite. Hoxe volverán a abrirse as inscricións, por si alguén máis se quere unir ao encontro. O prezo de inscrición anticipada era de 25 euros, pero na billeteira, situada en O Aguillón de A Rúa, esta cantidade elévase a 30 euros, nos que están incluídos os almorzos e as ceas.

Ás 16:00 horas terá lugar a Ruta Motorística polo casco antigo de A Rúa, seguida por unha Ruta Barítima, para rematar nunha cea para todos os inscritos, que de novo terá lugar na carpa instalada en O Aguillón. Ás 00:00 horas do sábado, os participantes celebrarán unha ruta de antorchas polas rúas da localidade para recordar a todos aqueles que deixaron a vida nas estradas "daremos a cada uno una antorcha de luz química y recordaremos a los compañeros caídos en la carretera", comenta dende a organización Joaquín Ramos.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_motos_arua_2017_04_29-4.jpg"]

A noite do sábado rematará cunha nova festa motera na que se entregarán regalos e trofeos, que se repartirán en moitas categorías: para o motero máis novo, para o máis vello, para o que vén de máis lonxe...

Esta terceira edición da xuntanza rematará o domingo, cunha nova ruta motorística e unha comida de inscritos.

Para todos os participantes estará dispoñible en O Aguillón, durante todo o fin de semana, unha zona gratuíta de acampada non cuberta.

Xa está en marcha a III Xuntanza Motera Primaveral Valdeorras