miércoles. 31.05.2023
Larouco

Patricia Lamela: «O luns teremos a primeira reunión para crear unha andaina moi novidosa»

Farase no outono e detrás están profesionais do mundo do deporte

Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco, non deixa pasar a ocasión para dinamizar o seu municipio. Ven de conseguir o transporte público unha vez a semana,  durante o mes de agosto —recordar que durante os meses de verán non hai  transporte debido a inactividade escolar— e xa está na organización dunha andaina. Queren realizala no outono e será «moi novidosa», en canto ó concepto e ó percorrido. É por iso que o vindeiro luns reunirase un equipo do Concello, con Lamela á cabeza, con responsables do mundo do deporte. Unha primeira toma de contacto para darlle forma a esta andaina «da que esperamos moito», asegura a alcaldesa.

Espectaculares vistas das terras de Montefurado

En canto as andainas, sinalar que a pasada fin de semana, en concreto o sábado, un grupo de veciños e veciñas  organizaron unha camiñada que os levou por San Martiño ata Tramunde. Desde alía á Falcueira, desde onde puideron contemplar as terras de Montefurado, Vilanuide, a presa de San Martiño e mesmo o Pico de Roblido. A volta foi polos Casares para ata Larouco, onde outro grupo de veciños estaban facendo a malla.



Mallar o centeo

Fancisco Javier Pérez

de Larouco e Carlos Sánchez de Freixido, organizaron por segundo ano a malla do

centeo. Estes dous veciños do Concello xunto con outras persoas plantan centeo

no monte desde hai anos para que coman os animais. O ano pasado decidiron

organizar un día dedicado a malla para que os que quixesen viran como se facía,

como parece que gustou a iniciativa, este ano continuaron coa demostración.

O mañizos de cereal bótanse a malladora para separar o grao da palla

A malla consiste

en separar  o grao da palla mediante

golpes. Co centeo obtido dedican unha parte para facer pan, e outra para volver

a plantar, se cabe aínda máis terreo. «O pan está moi bo», aseguran. Esta

sesión de malla permite os veciños entre os que se atopan os organizadores  pasar o día xuntos, xa que despois da

demostración foron a comer, volveron a malla e logo a merendar.



Chocolatada para

todos os públicos

Tamén o sábado, ao redor das nove da noite un grupo de mulleres  ofreceu unha «chocolatada» ós veciños. Trátase  de mulleres de Larouco que obteñen ingresos a través da venda de chaveiros, camisetas e outros obxectos de artesanía para ofrecer este chocolate o 8 de setembro, festividade da Nosa Sra. dos Remedios patroa de Larouco. Como este ano os ingresos foron  «moi ben» decidiron facer unha chocolatada tamén o sábado con motivo da andaina e da malla.

«Colage» da chocolatada cedido pola organización

E non so iso,

senón que tamén pintaron as caras dos cativos e fixeron xogos nos que

participaron nenos e maiores.

Fotos cedidas

Comentarios
Patricia Lamela: «O luns teremos a primeira reunión para crear unha andaina moi novidosa»