Dixeron que saían e sairon. A sardiña procesionou polas rúas da Rúa Vella, eso si, o percorrido foi máis curto. A auga caiu a chuzos pero iso nom impediu que o peixe ardera e que o bispo dixera unhas verbas. Ardeu como de costume na praza de César Conti onde as choronas exerceron o seu traballo, e por certo moi ben chorada.
Ao remate un bocadillo de sardiña, bebida e bica.
Deixámosvos uns videos cedidos por Victor Ferradal, o da primeira parte, os cantos no adro e, a segunda parte a queima da sardiña na praza César Conti é de David López.