«Este ano quixemos facer do Día da Paz un alegato a prol do dereito á educación das mulleres no mundo. O alumnado investigou e puido comprobar como en moitos países do noso planeta se ve comprometido o acceso á educación das mulleres por diferentes motivos. O acto central de hoxe consistiu no colgado de grous e grúas cos desexos individuais de paz e educación en igualdade para tod@s. E nunha solta de globos con helio que levaban colgados grous e grúas xigantes cos desexos colectivos que quixemos espallar polo mundo. A elección dos grous foi pola historia de Sadako, unha nena xaponesa enferma no hospital á que os seus compañeir@s decidiron facerlle mil grúas de papel para que sanas», manifestas desde o colexio Condesa de Fenosa.
Imáxenes cedidas polo colexio