O Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco celebrou a festa de Samaín cunha campaña dirixida ao público infantil e familiar. O evento celebrarouse este sábado 30 de outubro, desde as 11:00 horas ata as 20:30 horas, na Praza do Concello do Barco onde se instalou unha carpa decorada para a ocasión e desenvolveronse actividades como obradoiros creativos e un espectáculo de maxia.
Os pequenos que se achegaron á carpa do CCA O Barco en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 18:30 participaron no taller de pintacaras. No mesmo lugar e no mesmo horario colocouse un fotomatón. Martín Camiña e Fani Triana ás 19:30 horas representaron " Feixes e ilusións" cun aforo limitado a 100 persoas e sen necesidade de inscrición previa.
O espectáculo de maxia foi sen dúbida o gran protagonista