O VI Ciclo De Perto pechaba onte venres día 13 de xullo a súa programación ca actuación da artista Uxía, no Teatro Lauro Olmo do Barco. Os moitos asistentes disfrutaron da presentación do seu novo trabajo, Uxía-o, «unha particular homenaxe ao grande poeta do século XX Uxío Novoneyra onde unha selección de poemas deste poeta vístense de música», conta a artista. Para Uxía, «a poesía de Uxía Novoneyra ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada», é maís, para ela, «a poesía de Novoneyra é pura música, porque só os grandes poetas teñen melodía nos seus versos».
Para Uxía, poñer música aos poemas de Novoneyra «era un reto». Foi «o intento de traer a un grande a un mundo musical contemporáneo, de ahí os ecos do jazz, a muiñeira, a percusión, etc». Foron 7 anos de traballo co brasilego Sergio Tannus, de «selección pensada para aqueles poemas que chegan máis ao público».
Si quieres escuchar la entrevista completa, hazlo pinchando en el siguiente enlace: