viernes. 20.06.2025
CULTURA

Treixadura encheu o Teatro Lauro Olmo do Barco

As butacas do Teatro Municipal enchéronse para escoitar o concerto do grupo redondelán

Treixadura, unha das agrupacións de referencia na música galega presentou o seu último disco cun concerto no Teatro Lauro Olmo. que se encheu ata a bandeira para escoitar os últimos temas da agrupación de Redondela.

Cunha música totalmente tradicional e unida da man coa cultura galega, o grupo demostrou que foi modelando o seu camiño e transformando o estilo sen renunciar o son característico durante o tempo que durou o concerto, volvendo a rescatar do anonimato pezas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

O público aplaudiu todas as cancións interpretadas polos redondeláns quenes demostraron un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de fiar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional que fai rodar a asociación dende hai 28 anos con 7 discos no mercado.

Treixadura encheu o Teatro Lauro Olmo do Barco