viernes. 20.06.2025
CULTURA

O público barquense disfrutou con Camiños

A obra abordou a identidade galega dende unha perspectiva millenial

O Teatro Lauro Olmo do Barco acolleu este venres a obra de teatro #camiños, una obra onde Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira volven xuntarse e na que a propia Carrodeguas está tamén en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández Ponte, Pía Nicoletti e Noa Covelo.

A peza pode ser considerada coma un collage escénico que aborda o tema da identidade galega dende unha perspectiva millenial, mesturando o teatro físico co bufón, as coreografías co teatro textual, o playback coa pasarela de moda nun aluvión escénico que non deixou a ninguén indiferente.

Dentro da obra o público pudo desfrutar en directo das Churrascas, que precisamente fan parte da escenificación. O videoclip do seu primeiro Hit: “Adios Ríos Adiós Fontes”, que versiona con música electrónica o famoso poema de Rosalía e non deixa de subir en número de visitas.

Momento da interpretación de Adiós Ríos Adiós Fontes

A obra teatral que leva máis dun ano en cartel, xa foi representada por os teatros e auditorios de case toda Galicia.

O público barquense disfrutou con Camiños