sábado. 21.06.2025
CULTURA

Poesía entre barricas no XI Encontro de Poetas

Os poemas estiveron relacionados ca migración.

Este sábado tivo lugar o XI Encontro de poetas na Rúa organizado pola escritora ruesa Rosa García Machado.

Os poemas dos participantes estiveron relacionados coa migración, e ademáis tivo a actuación musical do grupo monfortino Ad Heyra Liti nunha convivencia cultural organizada pola Adega Melillas, lugar do evento, cun ambiente único xa que transcorreu en plena adega con barricas e botellas de viño ambientando un escenario xa bonito de por sí.

Os poetas e convidados disfrutaron do ambiente da adega

O IES Cosme López Rodríguez participou neste evento cos rapaces, de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, así como o profesor do centro Sechu Crespo Cerezuela os cales recitaron algúns dos poemas compostos en torno ó tema da migración, de acordo co lema do certame,  “Ninguén deixa o fogar se o fogar non o bota”.

A actividade foi realizada coa colaboración da Adega Melillas, o Concello de a Rúa, os cociñeiros Manolo e Luis e a diseñadora do cartel, Nathalie e Teresa Franco, xefa do Departamento de Lingua Galega do IES Cosme López Rodríguez. Ao evento tamén acudio o alcalde da Rúa Luis Fernández Gudiña.

Poesía entre barricas no XI Encontro de Poetas