lunes. 23.06.2025
CULTURA

Os estudantes de Valdeorras asistiron a representación de "Unboxing Alice"

Estudantes de todos os colexios de primaria da comarca acudiron a representación desta obra que está interpretada en inglés

Os estudantes dos centros de educación primaria da Comarca de Valdeorras acudiron a representación da obra "Unboxing Alice" na mañá do 3 de febreiro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Durante algo máis dunha hora, e en dúas sesións para que todos os escolares puideran ver a obra, OnStage Company presentou a obra que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo.

Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e foron os encargados de guiar aos cativos través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. Todo un "vídeo de desbloqueo". Esta obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

A obra enmarcáse no proxecto "Corrente Cultural" que conta coa colaboración do Concello do Barco, Abanca e Afundanción, que leva a obra por diversas vilas e cidades de Galicia.

Fotos: Somos Comarca/ Cedidas.

Os estudantes de Valdeorras asistiron a representación de "Unboxing Alice"