Esta actuación é a última do ciclo infantil que contou con 3 actuacións tanto na Praza Andrés de Prada como na biblioteca municipal
O ciclo cultural "Ler conta moito" rematou este xoves ca actuación do grupo teatral “Animar-T” na Praza Andrés de Prada do Barco, nun espectáculo destinado para nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos.
A obra tratou principalmente de contacontos teatralizados con cancións cantadas en directo sobre a xenerosidade, a reciclaxe e o respecto polos animais.
Este espectáculo foi o último dos 3 programados tanto na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, onde actuou o ilusionista David Méndez, e tamén na propia Praza Andrés de Prada onde Pakolas versionou cancións que compuso xunto "A gramola gominola" e en solitario.