No tramo final da obra membros da Asociación Abertal saltaron ao escenario para bailar pezas da obra "Entre Soños"
O Teatro Lauro Olmo de O Barco acolleu a representación da obra "Entre Soños", a cal tivo un final cunha agradable sorpresa.
Neste caso a obra representada foi de baile e música tradicional galega cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó (tanto Aida como Xisco compaxinarán a súa laboura de bailaríns coa de cantantes de música tradicional nesta obra), ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.
Todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Luis Perdiguero (escenografía e iluminación) e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo da Vilarinyo Dance Company).
No tramo final da obra membros de a Asociación Abertal subíronse ao escenario a bailar cos 3 intérpretes principais. Neste caso danzaron ao compás da obra debido a que tiveron unha tarde previa a obra chea de ensaios no Teatro Lauro Olmo e no Centro Cultural Avenida da Rúa.