Un total de 10 stands están presentes nesta edición
A festa das letras arrancou hoxe no Malecón barquense, ademáis o fixo cun bo tempo e calor, o que animou aos barquenses a acudir ata o recinto ferial para botar unha ollada ou mercar libros.
Margarida Pizcueta concelleira de Cultura do Concello do Barco afirmou que o evento e unha auténtica festa das letras coa novedade da presentación do libro da colección fotográfica feita polo fotógrafo barquense Víctor Nieves: "Temos un amplo programa, tanto para hoxe coma para mañá. Como novidade de este ano contamos coa presenza de Víctor Nieves, amigo, veciño e que sempre levou o nome do Barco alá onde estuvo".
O propio Nieves agradeceu ao Concello do Barco o permitirlle presentar a "Colección OF" na súa casa: "Estou moi ilusionado porque e a primeira vez que me invitan polo meu traballo na miña terra. Os diseños están moi coidados e son exquisitos, os libros están en galego ou bilingüe, galego e inglés".
Víctor Nieves tamén explicou como arrancou o proxecto da man de Difusora onde cada un dos integrantes do proxecto tivo un papel primordial para que esta editorial saíra adiante: "Nos 90 reuníronse moitas persoas con moitas inquietudes culturales. Cada persona era especialista nun tema e había unha gran bagaxe editorial. Todas as persoas rondan os 60-70 anos e foron activistas culturais no franquismo que coa democracia comezan a colocarse no panorama cultural, provocaron moitos cambios no eido cultural do país cun gran mentor, así naceu Difusora".
Para mañá domingo aínda quedan actividades para desfrutar no Malecón, xa que as 13:30 horas realizaráse a presentación do poemario "Detéxtonos" de Xabier Xil Xardón, nun espectáculo musical no que o acompaña Leo i Arremecaghona.
Ás 17 horas representaráse o contacontos "Perruno" para nenos de entre 1 e 6 anos.
Os participantes nesta edición da Feira do Libro son:
Libraría Celia (Quiroga)
Libraría Lipor (A Rúa)
Libraría Murciego
Libro Antigo e de Colección David
Libraría Praxis
Asociación Vagalume
Protectora de animais Patrulla Felina
Ateneo Republicano
Instituto de Estudios Valdeorreses
Cineclub Groucho Marx.