martes. 10.06.2025
Concellos

Multitudinaria asistencia a Festa do Cordeiro en Larouco

Cerca de catrocentas persoas asistiron a Festa do Cordeiro de Larouco, o domingo 21 de mayo, que este ano celebra a décimo segunda edición.

De Trives, A Rúa, Petín, O Barco, Carballeda, A Veiga e demais pobos da contorna reuníronse en torno a unha mesa na que ademais de cordeiro ca súa ensalada, tamén houbo entremeses  variados, bica, viño, auga, cafés e licores.

Segundo Alberto Méndez, tenente alcalde de Larouco, «a festa xa está consolidade despois de 12 edicións». No referente ás razóns da exaltación deste produto aclarou, «nos queriamos facer unha festa gastronómica no concello e o cordeiro pareceunos un bo reclama e ademais non había na comarca ningunha adicada a este manxar da terra».

Entre as autoridades asistentes estivo o senador Avelino García, o deputado Juan Anta, o alcalde de Petín, Miguel Bautista e a súa homónima de Carballeda. Mari Carmen González así como diferentes edís dos concellos valdeorreses.

Multitudinaria asistencia a Festa do Cordeiro en Larouco