miércoles. 18.06.2025
A Veiga

Entre Lobos e Estrelas, outro xeito de camiñar

O Sábado 20 de agosto o Club de Montaña O Trisquel de Trevinca, da Veiga, organizaba a sétima edición da ruta Entre Lobos e Estrelas, na que participaron cerca de medio cento persoas.

Antes de poñerse a camiñar, os integrantes desta marcha, recibiron unha charla técnica en A Veiga; sobre o recorrido, o ritmo da marcha, as precaucións e os riscos que entraña este tipo de ruta, xa que como nos dicían desde a organización, é unha proba de larga duración, entre 14 e 16 horas e de longo recorrido, entre 36 e 37 quilómetros, o que hai que engadir unha dificultade a maiores, a noite.

Despois desta xornada de convivencia as 12:00 horas, tomábase a saída desde Vilanova, A Veiga. As 2:30 o grupo de aguerridos camiñantes atopábase no Pico Maluro (1.957 m.), as 4:00 no cumio de Trevinca (2.127 m.), cresteando por Pena Negra (2.123 m.), para ver amencer no Portillo de Puertas. “ Vimos que viña a señora aurora, tinguindo de rosado o ceo, e despois o señor sol”, díxonos Cholo. O Sol con todo o seu esplendor deixouse ver no Crestón do Lombo de Roncín. Desde o alto da Cabrita, baixaron en dirección ao Teixadal, pero sen entrar nel. Polo camiño da Ermida de San Xil chegaron a Rumiña, para rematar as 13:00 horas en Casaio, con unha pinchada que lles ofreceu a comunidade de montes desta localidade.

Un autobús trasladounos desde Casaio A Veiga, onde foron recibidos polo alcalde, Juan Anta, e agasallados con unha comida de benvida, ca que rematou esta andaina de montaña que percorreu o teito de Galicia.

Un dos participantes desta camiñada, José López, suliñaba a dureza e a beleza do recorrido, que tivo tramos de extremo risco como é o paso de Pena Negra a Pena Surbia (2.112 m.). Cholo, un dos organizadores e guía desta ruta, facía especial fincapé de como se vía a paisaxe con lúa chea, como o perfil das montañas te hipnotizaba e como o silencio da noite fai reflexionar, inda que como nos dicía Cholo, tiveron tempo para falar dos escapados da guerra que andiveron polos montes, das minas de Valborraz que deixaron a un lado, do volframio, dos alemáns da paisaxe...

Desde a organización queren agradecer a colaboración do Concello da Veiga, da Garda Civil da Veiga, do Equipo da Garda Civil de Montaña de Trives e a de Protección Civil do Barco. Tamén agradecen o exquisito comportamento dos participantes, a súa forma física e sobre todo a súa disciplina, que fixo que, a VII ruta de Lobos e Estrelas fora todo un éxito.

A próxima edición, adiantábanos Cholo, recorrerá as lagoas de Trevinca, o Canon do Tera para finalizar en RibadeLago, na veciña Zamora.

 

.

 

 

Entre Lobos e Estrelas, outro xeito de camiñar