viernes. 19.04.2024
A Veiga

A Veiga despide o Entroido con moito ruido polas rúas

Ao redor de catrocentas persoas de trece folións daban o adeus ó Entroido onte a tarde na Veiga

O desfile comezou as 16:30 horas na rúa Entrecaldeiras, á entrada do pobo, antes da rotonda que leva ao colexio. Logo os folións seguiron rúa arriba cara a praza do Concello onde, se detiveron para mostrar ós espectadores as súas destrezas con bombos, aixadas, e demais aparellos de labranza. Tamén foi o lugar para que os boteiros, máscaras, charrelos, bois, Morte e demais personaxes do Entroido se meteran coa xente que os estaba vendo.

Aspecto da praza do Toural durante a actuación do folión da Veiga

Bailando e tocando arrancaron de novo rua Nova arriba para chegar a praza do Toural onde, de novo pararon e actuaron. Desde a praza subiron as escaleiras hacia a rúa do Toural para baixar pola Pateira até a praza do Concello onde os membros dos folións quedaron a ver as actuacións dos compañeiros.



Xuntáronse ao redor de 400 persoas, só o Folión da Veiga —anfitrión do desfile— levará 60 compoñentes. acompañando os da Veiga, os folións de Trives: As Maceiras, Os labregos e A Lardeira. Desde A Gudiña achegáronse a Asociación Cultural Fulión de Carracedo da Serra y a Asociación Cultural O Tameirón. De Viana do Bolo armarona ben os do folión de Fradelo, Penouta e Ramilo, o tamén os de Bembibre e Cabo da Vila. O folión de Mormentelos chegou desde Concello de Vilariño de Conso para amosar as súas dotes de baile e o de Buxán, das Terras do Bolo, as bonecas que lucen nos seus gorros. E, Xa por último, pero non menos importante, o Folión de Petín co seu toro competiu cos Bois da Veiga.

Imaxe do pavillón durante a merenda ofrecida polos anfitrións

Ao remate merenda no pavillón polideportivo para todos os folións participantes, agasallo do Concello da Veiga e do Folión do municipio. Tempo para compartir mesa e intercambiar palabras e porque non, sons.

Fotos cedidas

A Veiga despide o Entroido con moito ruido polas rúas