Raúl Díaz quixo que no singular Belén que coloca ano tras ano no edificio das antigas escolas de Éntoma estivese a súa vila
Raul Díaz engade un módulo máis a este singular Belén feito en lousa, incorpora a vila de Éntoma. Ós oito módulos de anos anteriores incorpórase a vila que o viu nacer e da que como el mesmo confesa «son namorado de Éntoma e da pizarra».
Non falta detalle
os dous ríos que atravesan o municipio, o Galir e o Sil; as dúas igrexas a de
San Xoan e a capela da Virxe de Galir, as casas máis significativas e que se un
se fixa pode identificar a primeira. Non falta a vía do tren nin o muro de
Albar, tampouco a ponte sobre o Galir e os castiñeiros da zona sombría a marxe
esquerda deste río. Os viñedos e a adega de Roandi, o Camiño de Inverno ca súa
frecha amarela e incluso un grán rótulo feito en pedra que pon en letras moi
grandes, Éntoma. Y é que Raúl ten dúas paixóns a súa terra e a «súa louxa».
Con moita paciencia elixindo a lousa que máis
se adapta a cada figura, Raúl serra e lima cada peza que fai súa. Usa tres
tipos de lousa, a gris de Valdeorras e a verde e a manchada de Lugo. Tamén
traballa ca pedra vermella característica da zona de Valdeorras.
O Belén conta con
nove módulos: o da canteira, o Nacemento, as pequenas médulas, a vila de
Éntoma, a igrexa de San Xoán, a vila ca capela da Virxe de Galir, a fonte dos
desexos, o pescantín e o pazo co gando.
É o primeiro
módulo co que atopa o que visite este Belén tan especial. Nel pode contemplarse
todo o proceso de elaboración e produción de pizarra. O labrador, as xaulas con
pizarra rustica e tamén en varios tamaños e diferentes acabados, as «escombreiras»,
e incluso un «colocador de pizarra» —profesión a que se adicou Raúl moitos
anos—.
O Nacemento é
outro dos módulos máis emblemáticos. A María, Xesús e San Xosé acompáñanos os
Reis e tamén un mercadiño no que non falta de nada, incluso «hai pitas con plumas
de verdade», subliña Raúl.
As igrexas de
Éntoma a de San Xoán e a da Virxe de Galir teñen cada unha o seu propio módulo,
o igual que as médulas nas que na parte detrás pódense ver as colmeas.
Moito que ver neste Belén puramente artesán feito polas maos de Raúl. Podes escoitar o que nos contou na seguinte gravación:
.
O Belén estará
aberto nas antigas escolas de Éntoma até o seguinte domingo despois de Reis.
Estará aberto das 17:00 ás 20:00 horas, de luns a venres e sábados e domingos de 12:00 a 20:00 horas. De todos xeitos o que vaia noutro horario terá un número de teléfono na porta ó que poderá chamar para que lle abran a porta.