lunes. 16.06.2025
Audio

Magostos pasados por auga

Día de celebración de magostos o sábado 4 de novembro. A Rúa, Petín e Vilamartín asaron as castañas ca presenza da choiva que non restou participación.

Magosto na Rúa

[df-caption title="Luis Gudiña e Avelino Seco repartindo castañas na Rúa" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/11/somoscomarca_magosto_arua_petin_2017_11_04-35.jpg"]

 

Máis de 700 persoas déronse cita co produto tradicional destas datas, as castañas asadas, na Praza da Estación. Pero non foi o único que puideron comer os que se achegaron ao magosto, tamén houbo bolos preñados acompañados de viño banco e tinto e auga para os máis pequenos. A discoteca móbil Danzalia amenizou o evento e seguiu tocando mesmo despois de rematar a comida.

Así o contaba Luis Gudiña, alcalde da Rúa.

 

Magosto en Petín

[df-caption title="Teresa Valcarce, concelleira de Cultura repartindo as castañas" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/11/somoscomarca_magosto_arua_petin_2017_11_04-10.jpg"]

 

Petín reuniu no pavillón, detrás do Teleclub, entorno a 400 persoas que comeron chourizos asados e , por suposto, bullotes, e viño para baixalos.

Así o contaba a concelleira de cultura Teresa Valcarce.

 

 

Magosto en Vilamartín

[df-caption title="Doces do concurso organizado en Vilamartín" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/11/somoscomarca_vilamartin_magosto_2017_1.jpg"]

En Vilamartín o Magosto organizouno a Asociación de Coveiros coa colaboración do Concello. Nun principio íase facer na praza pero, por mor do tempo, decidiuse que o Centro Cultural Santa Lucía fose o lugar elexido. Panceta asada, bica e viño da terra foi o que se degustou en Vilamartín.  Ademais tamén se organizou un concurso de doces no que o gañador foi Amancio con unhas castañas glassé.

Magostos pasados por auga