O Condesa Fenosa segue apostando polas actividades a través da biblioteca
O programa Menuda Tropa de Radio Valdeorras Onda Cero achegouse ao colexio Condesa de Fenosa, onde Francisco —director— e Xaquín —responsable da biblioteca— achegáronnos os proxectos do novo curso.
Segundo relatou Francisco Pérez é un ano de moita actividade. Ademais da actividade polo Camiño de Inverno realizada o pasado xoves 27 de outubro, realizaranse outras mais festeiras coma o Samaín, o Magosto, o festival de Panxoliñas de Nadal ou o Entroido.
Entre as culturais a máis preta é a «Ciencia en Galego», que se realizará a finais de novembro. Hai que facer un experimento que se explicará ao resto da comunidade educativa en galego. Piteas, educación por proxectos, é outra das accións que se realizarán un ano máis no Condesa de Fenosa. O pasado curso, o alumnado mostrou os seus traballos en Santiago na feira de proxectos na Casa da Cultura, este ano queren que se expoñan no propio centro para que os pais tamén os vexan. « Pelo, pico, escamas», un dos traballos do pasado ano, tivo un gran éxito, incluía carreira solidaria con animal de compañía si se quería e comida para as protectoras de animais da comarca. Un dos proxectos deste curso estará baseado na lactación materna.
Gravación feitas a Francisco Pérez para o espazo Menuda Tropa de Radio Valdeorras