O programa Menuda Tropa de Radio Valdeorras Onda Cero achegouse ao colexio Condesa de Fenosa, onde Francisco —director— e Xaquín —responsable da biblioteca— achegáronnos os proxectos do novo curso.
Segundo relatou Francisco Pérez é un ano de moita actividade. Ademais da actividade polo Camiño de Inverno realizada o pasado xoves 27 de outubro, realizaranse outras mais festeiras coma o Samaín, o Magosto, o festival de Panxoliñas de Nadal ou o Entroido.
Entre as culturais a máis preta é a «Ciencia en Galego», que se realizará a finais de novembro. Hai que facer un experimento que se explicará ao resto da comunidade educativa en galego. Piteas, educación por proxectos, é outra das accións que se realizarán un ano máis no Condesa de Fenosa. O pasado curso, o alumnado mostrou os seus traballos en Santiago na feira de proxectos na Casa da Cultura, este ano queren que se expoñan no propio centro para que os pais tamén os vexan. « Pelo, pico, escamas», un dos traballos do pasado ano, tivo un gran éxito, incluía carreira solidaria con animal de compañía si se quería e comida para as protectoras de animais da comarca. Un dos proxectos deste curso estará baseado na lactación materna.
Gravación feitas a Francisco Pérez para o espazo Menuda Tropa de Radio Valdeorras
A Biblioteca un dos eixos do Condesa de Fenosa
O colexio Condesa de Fenosa do Barco traballa sobre tres eixos, un deles é a biblioteca, outro a normalización lingüística e o terceiro a integración e inclusión, aínda que como nos di Xaquín, non hai que esquecer «o compromiso co medio ambiente e a reciclaxe que levamos na Senda 21».
Máis dunha década no plan de melloras de bibliotecas de Galicia —Plan LIA— permitiu ao centro a reforma integral deste lugar de lectura, información e aprendizaxe. Na biblioteca, como nos conta Xaquín, non so hai libros —e hai moitos—, se non traballo e proxectos.
Na «Biblioteca Inclusiva», o alumnado teña as capacidades que teña ou o nivel de lectura que poda, atopa recursos adaptados para el. Se é estranxeiro ten libros no seu idioma. Se ten carencias intelectuais dispón de libros que posibilitan a súa comprensión —con pictogramas, de lectura fácil ou adaptados—.
A «Biblioteca Creativa», recolle a robótica, impresión 3D e a filosofía Maker —intentar recuperar a creatividade e as mans—. «No curruncho Lego os nenos poden construír e facer deseños e deixar voar a imaxinación. A robótica ten varios planos, por unha parte os robot con plantillas para facer distintas actividades educativas utilizando o mecanismo como elemento motivador. Outra é o apartado de programación e outra a impresión 3D que permite facer repostos para os robots e para distintos proxectos do colexio. O pasado ano no proxecto «Explorando a Galaxia 3 Venus» , fixemos uns cohetes que saían voando», subliña Xaquín.
Outro uso da biblioteca e para a formación de profesorado, materia libre configuración alfabetización e información. A materia de libre configuración capacita aos alumnos para saber como está estruturada unha biblioteca y como está estruturado o saber, «a fin de contas desa maneira que sexan quen de atopar os recursos informativos que lles interesan para calquera necesidade de información que teñan», aclara Xaquín. Unha vez atopan o libro ensínanlles a buscar a información nel y logo estruturar a información nun proxecto escrito.
Coa pantalla e cámara web que incorporaron este ano pódense facer traballos colaborativos, desde as tablets, traballase en equipo. «Facemos wikis, coa colaboración entre eles e tamén somos unha produtora cinematográfica. Si a un neno lle gusta un libro ven a biblioteca e conta as impresións sobre o libro e porque recomenda léelo —booktubers— ao resto do cole», comenta Xaquín. Coa cámara web difúndense as actividades desde biblioteca, gravándoas en 180º e retransmitíndoas en vídeo conferencia para o resto do centro.
No boletín «O Barquiño de Papel» póñense retos lectores sobre os libros que se leen. «Este mes temos a «Maravillosa Medicina de Jorge de Roald Dahl». Outra actividade é os xoves os contos para os pequenos», engade Xaquín, os maiores contan os contos aos pequenos do cole e así enriquécense mutuamente.
Celebración do Samaín
O día 31 a partir das 19:30 horas, ao anoitecer, a biblioteca decorarase cunha ambientación noitébrega e a luz das velas realizarase a actividade «Contos entre lusco e fusco, historias para o Samaín». Estarán convidados os trasnos, o sacauntos, o home do saco a meiga chuchona e Marusaina para contar historias en relación cos libros da biblioteca para que «teñamos medo do noso, non do importado», segundo as verbas de Xaquín.