viernes. 19.04.2024
A Rúa

A Rúa recibiu os Magos de Oriente no Avenida

Pasaban as 19:30 da tarde do 5 de xaneiro cando a carroza que transportaba a Melchor, Gaspar e Baltasar chegaba ó Centro Cultural Avenida da Rúa, onde os agardaban os nenos e tamén maiores da localidade.

Os Reis comezaban o recorrido as 15:30 no Centro de Día da Rúa, logo visitaron o xeriátrico dos Pinos. As 16:30 chegaban á estación de autobuses para dirixirse a igrexa de Santo Estevo na  Rúa Vella polo Campogrande. Logo de visitar a igrexa foron a Vilela, ó centro xeriátrico Nosa Señora de Fátima, a igrexa de Fontei e ó barrio de Fátima.

As 19:30 horas as súas Maxestades eran recibidas na no Centro Cultural Avenida por centos de persoas que os agardaban na entrada. Alí escoitaron os nenos que lles contaron o boiños que foran e o que desexaban que lle deixaran nos seus zapatos.

A Rúa recibiu os Magos de Oriente no Avenida