martes. 24.06.2025
A Rúa

Máis dunha centena de nenos na festa do Samaín da Rúa

Nin truco nin trato, figuriñas realizadas con globos e maquillaxes feitos para a ocasión foi coma pasaron os rapaces da Rúa a tarde do 28 de outubro. Y é que, o Concello organizou na Casa da Cultura ruesa unha festa de Samaín na que houbo animación musical, xogos, maquillaxe de efectos ou globoflexia, actividades nas que os máis pequechos tiveron unha participación activa.

Mais dunha centena de nenos, desde poucos meses de idade, estiveron na festa de Samaín na que a cor e os disfraces foron os protagonistas.

Máis dunha centena de nenos na festa do Samaín da Rúa