viernes. 19.04.2024
A Rúa

Madrid destino da saída cultural do alumnado do IES Cosme López da Rúa

Un grupo integrado por 18 alumnos de 4º da ESO do centro educativo da Rúa viaxa estes días á capital de España

Como cada ano o IES Cosme López Rodríguez da Rúa organiza, chegadas estas datas, unha viaxe cultural a terras madrileñas.

Os 18 alumnos de 4ª da ESO que compoñen o grupo, xunto cos profesores Pilar Enríquez e Víctor Porto, partiron onte cara Madrid para empaparse de cultura, asistir a espectáculos e tamén ver  os lugares máis emblemáticos.

O Tour polo Santiago Bernabeu rematou no campo ca foto do grupo

No primeiro día de estadía fixeron un «Tour» polo estadio Santiago Bernabeu onde visitaron a sala Sensacións,  terreo de xogo, palco presidencial, vestiarios, túnel de xogadores, sala de prensa  e a tenda. Ó serán asistiron á representación do musical Billy Elliot, no teatro Alcalá.

As portas do Teatro Alcalá onde asistiron o musical Billy Elliot

Aproveitando que

se aloxan na veciña Alcalá de Henares, hoxe a mañá aproveitaron para coñecer a

historia, as lendas e a cultura desta localidade madrileña, a través da visita

guiada Cervantalia. A actividade incluíu a visita ó curral de comedias, á praza

de Cervantes e  á universidade, entre

outros lugares destacados.

Na porta da universidade de Alcalá de Henares

No momento de redactar esta información o grupo de rapaces e rapazas atópanse no Parque de Atraccións que o vindeiro 15 de maio celebra o seu 50º aniversario.  Un espazo pioneiro que reúne gran variedade de atraccións e espectáculos para grandes e pequenos.



Mañá pola mañá visita obrigada ó Museo del Prado o cal se lle acaba de conceder o  «Premio Princesa de Asturias de Comunicación y Humanidades 2019» o pasado 30 de abril.



Ademais teñen previsto recorrer as rúas e lugares máis importantes do centro da capital: Parque do Retiro, Cibeles, Carrera de San Jerónimo, Congreso dos Deputados, Porta do Sol, rúa Maior, Praza Maior, Concello, Praza de España, Templo de Debod, Pazo de Oriente, Teatro Real, Catedral da Almudena ou os Xardíns do Campo do Moro.



Tres días de convivencia, aprendizaxe e diversión que rematan mañá cando cheguen de novo á Rúa. O horario previsto da chegada está en torno as 23:30 horas.



Outras destinos do alumnado do instituto da Rúa foron Guimarães en Portugal, a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón ou a cidade de Lugo.

Fotos de Pilar Enríquez

Madrid destino da saída cultural do alumnado do IES Cosme López da Rúa