sábado. 28.06.2025
A Rúa

Remata o Entroido da Rúa co Enterro da Sardiña na praza César Conti

 

Co Enterro da Sardiña na praza Cesar Conti da Rúa Vella dáse por rematado o Entroido na vila ruesa.

As 20:00 as choronas e choróns congregábanse no atrio da igrexa de Santo Estevo para recordar os momentos vividos coa finada. Os berros e choros pola “gran” perda mitigáronse con doces e bica que a organización ofreceu os presentes. Este ano ademais de cura, sancristán e acólito (monaguillo) o señor bispo asistiu a tan insigne enterro.

Despois do velorio a finada ao lombo da familia recorreu as rúas acompañada pola mulleres enlutadas. A comitiva fúnebre partiu do atrio da igrexa para baixar pola Rúa Santo Estevo y Bouzo ata a do Fondo da Rúa, logo polo Camiño Novo chegaron a de San Roque, dando a volta pola rúa Fondareas, Arroyo e Cantalarrana para chegar a praza de César Conti. O percorrido fíxose entre cantos e choros que fixo saltar as vágoas dos asistentes, aínda que non se soubo si eran de risa ou de choro.

O señor cura pronunciou o último responso, “Atendendo aos desexos da familia da finada cumpriremos o rito de ter que queimala. Ben querida sardiña que Deus te protexa, agora e por sempre che teñamos envexa, a túa alma estea no ceo e alí nos esperes por moito tempo. Procedamos, por fin a incineración, a comitiva xa se acabou”.

Logo destas verbas procedeuse a queima da finada. No mesmo lume tamén arderon os mecos que estiveron colgados durante todo o Entroido no farol da praza.

Logo viño e chourizo metido en pan, agasallo do concello rués, porque como di o refrán, as penas con pan son menos.

 

Remata o Entroido da Rúa co Enterro da Sardiña na praza César Conti