jueves. 30.03.2023
A Rúa

Bendito o mes que comeza con Santos e remata co San Andrés!

A auga respectou a procesión polas rúas de Fontei, non así a feira do ano

A Rúa celebra cada 30 de novembro a súa feira do ano, o San Andrés. Desta a chuvia foi a gran protagonista, até tal punto que a primeira hora da mañá aínda non se sabía si sairía ou non a procesión. Unha salva de bombas de palenque e o repenique das campás anunciaba ás 11:30 que San Andrés estaba a piques de saír polas rúas de Fontei. E así era, media hora máis tarde, e tras deixar de chover, celebrábase a procesión. Saían os parroquiáns da praza da igrexa pola rúa A Fonte, pasando polo barrio do Santo, onde se atopa a capela do mesmo nome e da que San Andrés foi copadrón, como nos contou fai un ano Enrique Fernández Sotelo por estas datas.

A música de Abertal acompañou ó santo todo o percorrido. Baixada pola estreita rúa de Ramona Ojea, para deseguido tomar á da Cruz e logo a desembocar na praza Enriqueta Casanova, onde os templetes dos feirantes case que non deixan pasar ó santo. Desde aí, e vendo xa a porta da igrexa os parroquiais enfilaron a rúa de Barreais para chegar de novo á igrexa onde se oficiou a misa.



Esta festa é unha das máis antigas da Rúa, hai documentos que xa falan dela no século XVII. Antigamente había baile que, se non chovía, era o aire libre e á noite trasladábase ao bar dos Dous Vellos —fronte o concello actual e antiga praza de abastos—.

Fai anos, polo San Andrés tamén se celebraba unha das mellores feiras de gando da comarca que  se podería comparar ca do San Martiño en Ourense, xa que era o pistoletazo de saída para as matanzas. «Os que non criaban cochos ían esta feira a mercalos», contounos Enrique Fernández Sotelo, veciño e estudoso desta parroquia da Rúa, quen publicou hay tres anos o seu segundo libro, “Fontei, historia de un pobo”, no que reinvidica a identidade desta zona ruesa sinalando que no é un barrio se non «un pobo en si mesmo».

Comentarios
Bendito o mes que comeza con Santos e remata co San Andrés!