martes 7/12/21
Actualidad

O Ceip Julio Gurriarán do Barco celebrou o Nadal no Teatro Lauro Olmo

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Os nenos do Ceip Julio Gurriarán do Barco celebraron o festival de Nadal no Teatro Lauro Olmo as tardes do luns e do martes,  17 e 18 de decembro, respectivamente.

 

 

O luns 16 o alumnado de primaria era o encargado de estrear o escenario do Lauro Olnmo. Comezaron os rapaces de primeiro con “O abeto está Baleiro”, os seguintes foron  os de segundo con “Vuela, vuela”. Os de terceiro curso de primaria puxeron en escena “La Estrella de la Navidad”. Seguiron os de cuarto con “LLegó la Navidad”. Os máis maiores, quinto e sexto interpretaron e cantaron Oh María, Navidad Rock, Let is snow e All I want for Christmas is you.

 

 

Para rematar o espectáculo o coro do colexio fixo soar as frautas mentres cantaban “Nadal é cada día” e “Paxariños”.

O martes fixeron doblete. Mentres os máis pequeniños disfrazados de Papá e Mamá Noel, vaca, ovella , pingüín ou parrulo, cantaban e bailaban xuntos entre outros a panxoliña “ Obla-dí, obla-dá” e “I´m a little Snowman”,  no Teatro Lauro Olmo; os maiores participaban no Festival de Panxoliñas que tiña lugar na igrexa de Santa Rita.

 

[/double_paragraph] [/row]

Comentarios
O Ceip Julio Gurriarán do Barco celebrou o Nadal no Teatro Lauro Olmo