lunes 25/10/21
Actualidad

Misa sen procesión no día grande da Santa Rita

Os actos litúrxicos quedaron reducidos ás misas no día da Santa Rita por mor da pandemia

Este 22 de maio os fieis da Santa Rita voltaron a quedar cas ganas de ver saír a figura da relixiosa bautizada no século XIV como Margherita Lotti polas rúas do Barco. Esto e debido a pandemia da Covid-19. Malia a diferenza da situación epidemiolóxica respecto ao 2020 a prudencia volveu a imperar a hora de realizar actos litúrxicos.

Por elo xunto as novenas que foron trasladadas ao templo de Santa Rita, que ademáis estreou recentemente unha nova cuberta, no día da patrona os actos quedaron reducidos a 3 misas en horario de 8, 10:30, sendo a maior ás 12:30 horas.

Nesta última os ferigreses acudiron e encheron dentro das capacidades actuais a igrexa barquense, que ten limitado o aforo ao 50%. Noutros anos esta eucaristía significaba a saída as rúas da santa. Este ano debido aos protocolos para evitar contaxios, entre os que se encontra o evitar as aglomeracións non se puido realizar.

Así tras non poder desfrutar no 2020 da procesión os fieis deberán esperar ao 2022 para celebrar dunha forma habitual previa a epidemia esta xornada. Lembrar tamén que na Semana Santa do 2021 tampouco leváronse a cabo este tipo de actos.

A charanga Bicoia puso a nota musical tras a fin da misa previo a sesión vermú. O grupo ourensán estivo presente na saída dos fieis do templo malia a chuvia que fixo acto de presenza en forma de chaparróns.


Comentarios
Misa sen procesión no día grande da Santa Rita