Os alumnos do centro, do conservatorio, membros do Orfeón Valdeorrés e de Fuxan os Ventos realizaron actuacións musicais.
O CEIP Otero Pedrayo de Viloira estreou na mañá deste venres o novo salón de actos « Fuxan vos Ventos» nome elixido en honra ao grupo musical lucense que estivo representado por varios dos seus membros durante o acto de inauguración do recentemente reformado salón.
Os alumnos do centro -desde os 3 anos a 6º de primaria- abriron o acto interpretando unha peza musical da agrupación musical lucense, seguindo as actuacións do Conservatorio de Música do Concello do Barco e o Orfeón Valdeorrés. Estas intervencións musicais estiveron presentadas polo alumnado do centro.
Durante a xornada tamén contaron coa visita de exprofesores do centro como a profesora Ana, que foi homenaxeada e non quixo perderse o evento a pesar de que supera os 90 anos de idade, cerrando o acto a actuación de Fuxan Os Ventos, quenes interpretaron varias cancións, entre elas a Saia da Carolina sendo aclamados por todos os presentes, algo que dende o centro foi considerado nos días pasados coma unha oportunidade única para os alumnos, debido ao seu contacto directo sobre a música tradicional galega sobre a que traballan durante todo o curso, un piar fundamental na súa educación.