viernes. 19.04.2024

A Rúa

Exitosa xornada de portas abertas de Abertal

A Casa da Cultura da Rúa acolleu a xornada de portas abertas organizada pola  Asociación Cultural Abertal este mércores, 15 de setembro. Coa convocatoria pretendeuse captar novo alumnado e así nutrir de músicos e bailaríns á nova sociedade que se acaba de constituír. 

Abertal leva funcionado como grupo de música e baile tradicional 30 anos, dende hai uns meses deu un paso adiante constituíndose en asociación. Manolo Durán fundador e director da agrupación é o presidente da nova entidade.

Exitosa xornada de portas abertas de Abertal