Acaba de dar a coñecer as múltiples actividades que se desenrolarán durante todo o verán, son moitas e variadas
O Concello da Veiga que dirixe Juan Anta acaba de facer públicas as actividades que se realizarán durante os meses de xullo e agosto. Teñen como obxectivo dar a coñecer o territorio, tanto de día como de noite.
O deporte está presente na maioría: camiñadas, carreiras, tiro ó prato, torneo de fútbol sala, bolos ou marchas cicloturistas. Y é que, a mellor maneira de coñecer un lugar é patealo.
Non faltará a observación das estrelas en distintos puntos e ,con diferentes formatos. Por algo este municipio das terras altas de Ourense é destino Starlight. «Soño dunha noite de verán», «Os ceos nocturnos e as bolboretas de Trevinca», «Bagoas de San Lourenzo» ou «Maratón de estrelas», son algunhas das actividades que se realizarán baixo o ceo da Veiga.
Os veciños seguirán «tecendo» aínda que este ano non serán soños, se non as rúas. Unha iniciativa que calou fondo en anteriores edicións , nela as participantes fan a ganchelo e con plásticos; parasoles, bolboretas, cervos, engalanas carros ou bicicletas que tinguen de cor as rúas e prazas do pobo. Esta iniciativa ten un carácter social, xa que con ela preténdese implicar á poboación, sobre todo ás mujeres. «O obxetivo final é un programa social que fomente o asociacionismo», aseguraba Esther Fernández, responsable da iniciativa, o pasado ano.
A música será outro dos fortes do programa con concertos da Escola Municipal de Música, cantos de taberna, un festival de música folk, concerto de Zorrollos Band ou actuación da charanga Fuego na ruta dos pinchos —outro clásico do verán na Veiga—.
Todos os xoves na praza do Toural, baile tradicional. Ese mesmo día excursións en catamarán con guía turístico polo encoro de Prada.
As actividades comezan este sábado cun clásico, a marcha «Entre lobos e estrelas», organizado polo club de montañismo, Montañas de Trevinca.
«Temos actividades preparadas ata final de ano todos os meses, como un festival de folk, Astrotrevinca, BTT», anuncia Anta; quen tamén agradece a voluntarios, veciños e persoal do Concello da Veiga a súa implicación e colaboración. «Sen vos non sería posible» subliña.