
A asociación educativa recibe un aluvión de peticións de praza e pecha nunha semana o cupo de Infantil
O misterio do Barco encantado. Este é o título co que o Concello do Barco e a Asociación Vagalume Valdeorras presentan unha nova edición do campamento de verán. «As actividades terán un compoñente importante de encantamento», avanzou Pepe Fernández, o director da asociación educativa. O escenario onde se levarán a cabo, o CEIP Otero Pedrayo de Viloira.
Este ano, ademáis das actividades habituais de traballos manuais, auga, contacontos, teatro, e saídas varias do centro, «damos importancia a un obradoiro de arte que impartirá Sofía, unha persoa de Georgia, artista de pintura, e que traballa moito a pintura en pizarra e en madeira», apuntou Fernández.
O obxectivo para Vagalume é «que os rapaces o pasen ben, pero seguindo os principios da asociación de colaboración e educación emocional, dende hai xa moitos anos incorporados nos obradoiros». A consolidación de máis de vinte anos de desenrolo do campamento fai que moitas persoas se interesen por apuntar aos seus fillos. «Só podemos sentir satisfacción vendo como cada ano crece o número de matrículas; o primeiro día que lanzamos a edición deste ano, foron recollidos máis de 100 impresos, nestes momentos estamos en 140 rapaces e rapazas que participarán nas tandas de julio e agosto», explicou Fernández.
Tanto é así, que na xornada do 21 de xuño xa tiveron que pechar as prazas para nenos de Infantil - 3 a 5 anos - por contar xa con 90 rapaces. «É unha mágoa pero non podemos ofertar máis prazas», lamentou.
A falta de prazas de este ano se debe a unha coincidencia de circunstancias. «Non podemos contar con todos os monitores que nos gustaría e ademáis, o centro no que desenrolamos a actividade este ano é máis pequeno porque os outros dous se manterán en obras durante o verán», apuntou Fernández.
O éxito tamén se mide polos monitores participantes, «porque moitos dos que pasan polo campamento un ano, ao seguinte opositan e aproban a oposición». Dez monitores son de momento os que levarán o peso das actividades, «cos que se poden atender a moitos rapaces» apuntou Margarida Pizcueta. Ademáis, o campamento conta con voluntarios que axudan ao bo funcionamento das actividades.
A iniciativa está pensada para nenos de entre 3 e 12 anos de edade. Celebrarase de luns a venres nos meses de xullo e agosto, en horario de 10:00 a 13:00 horas, con gardas de 9:00 a 10:00 e de 13:00 a 14:00 horas.
Se desexas escoitar a entrevista completa a Pepe Fernández, presidente de Vagalume Valdeorras, podes facelo dándolle clic á seguinte ligazón: