sábado. 20.04.2024
Brif en incendio de Vilariño de Conso

A medida xa foi solicitada polo concello gobernado por Melisa Macía tras ser aprobado no pleno ordinario de outubro

O Concello de Vilariño de Conso ven de solicitar a declaración do estado de emerxencia na zona debido aos incendios forestais que azotaron ao municipio durante a segunda quincena do mes de setembro.

A medida, aprobada por unanimidade no pleno deste mes de outubro, xa foi solicitada tanto a subdelegación de Goberno como a Xunta de Galicia, ten como motivo principal o poder acollerse a axudas para paliar os danos económicos derivados dos lumes que afectaron a unhas 800 hectáreas, e intentar rexenerar todo monte o antes posible, tras uns incendios que obrigaron a activar a situación 2 de emerxencia debido a proximidade das lapas as vivendas ou bens persoais.

Tal e como destacou a rexedora da localidade, nestes intres están preparando unha memoria con todos os datos en canto os perxuicios para os veciños, concello ou superficie queimada entre outras cousas, para que as achegas podan cubrir os danos provocados polas lapas.

Xornada Micolóxica

O vindeiro domingo 11 de outubro a localidade acollerá unha Xornada Micolóxica -gragtuíta e limitada a 20 participantes- que se iniciará as 10:30 da mañá cunha charla no Centro de Iterpretación do Cogumelo, instalación única en Galicia, a conferencia será impartida por Alejandro Míguez, fundador e secretario da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova.

Ás 12 da mañá faráse unha andaina para a recollida de cogumelos e ás 13:30 terá lugar a clasificación dos exemplares recollidos.

Posteriormente, ás 12h. terá lugar unha andaina para a recollida de cogomelos e xa arredor das 13:30h. procederase á clasificación dos exemplares recollidos. A xornada é gratuíta e terá un límite de 20 prazas.

Vilariño de Conso solicita o estado de emerxencia tras os incendios de setembro