viernes. 19.04.2024

Dende o consistorio anunciaron actividades de verán destinadas para toda a veciñanza

O Concello de Vilariño de Conso preparou un programa cultural para toda a veciñanza. Para os máis cativos instalarán un parque acuático inchable na Praia Fluvial que estará aberto tódolos días entre o 9 de xullo e o 15 de agosto, en horario de 17:30 a 20:00 horas, agás os xoves. Que é o día elexido para as tarefas de limpeza e desinfección de todo o entorno.

Entre esas datas tamén estará disponible o alugueiro de kayaks e as clases de zumba. Estas últimas o luns e mércores a partir das 20:30 horas.

Esta fin de semana son as festas patronais, e por elo, para non esquecer a época festiva, pero onde o sentidiño terá que reinar na cabeza de toda a veciñanza, haberá un pasarrúas con charanga e tamén unha actuación da Banda de Gaitas do Concello.

Os venres ata finais de agosto haberá cine ao aire libre. Entre os títulos a emitir encóntrase "Cuñados" dirixida polo rués Alfonso Blanco. O 4 de agosto realizaráse unha feira de artesanía e produtos da zona no Campo de Fútbol. Será en horario de 12:00 a 17:00 horas, no recinto instalaráse un lugar para comer pulpo e churrasco.

Por último, o 8 de agosto ás 20:30 horas haberá un concerto da Banda de Gaitas do Concello.

Actualmente na localdiade desenrrólase o campamento de verán da Xunta de Galicia. Melisa Macía, alcaldesa da vila, destacou o éxito do mesmo ca presenza de cativos de toda a comunidade.

Tamén reciben a turistas que acoden cas súas autocaravanas e desfrutan do territorio natural da zona. Por último, a rexedora volve a salientar a falta de servicios hoteleiros e hosteleiros ante a demanda dos visitantes, moitos deles que contan con familia nos diversos núcleos do municipio.

Vilariño de Conso oferta un programa de verán para todos os públicos