viernes. 29.03.2024
Panorámica de Vilariño de Conso

A alcaldesa da localidade Melisa Macía, espera que máis emprendedores decidan apostar polo rural

O Concello de Vilariño de Conso ven de estrear 2 novos servizos para a cidadanía. Un de eles é máis ben un relevo, mentres que o outro significa un novo avance para o futuro da propia vila. Un taxista e unha especialista en servizos informáticos amplían o abanico de posibilidades no propio municipio.

No caso do conductor profesional, ven de sustituir a un compañeiro que acaba de xubilarse. Esta retirada supoñía un problema para os veciños da localidade, xa que moitos empregan o taxi para acudir ao médico ou facer diferentes xestións na capitalidade municipal dende aldeas situadas a bastantes kilómetros.

Respecto a nova emprendedora de servizos informáticos. Melisa Macía, alcaldesa da localidade, subliña a importancia a hora da venta de dispositivos móviles, informáticos e as reparacións, xa que ata o momento contaban con este servizo en días contados.

Falta de establecementos hosteleiros

A rexedora non olvida que o sector turístico está comezando a ter unha gran acollida, xa que son moitos os visitantes que acuden ata o concello por exemplo para recorrer os diferentes sendeiros ou ver co columpio que pódese ver perfectamente dende a OUR-CU-346 que vai dende Vilariño ata A Gudiña.

Pero como nota negativa, a alcaldesa detalla que faltan establecementos hosteleiros e de restauración para que todos aqueles que se acheguen a vila podan pernoctar no municipio. Dende o consistorio anímase a todo aquel que o desexe a emprender en Vilariño.

Por elo tamén darán diferentes facilidades como a do alugueiro de vivendas rehabilitadas para que os novos empresarios podan ter onde vivir e iniciar un novo camiño.

Vilariño de Conso acolle con entusiasmo a 2 novos emprendedores