viernes. 29.03.2024
Panorámica de Vilariño de Conso

No último pleno acordaron aprobar medidas para a reactivación do sector económico na vila

O concello de Vilariño de Conso aprobou no último pleno un paquete de medidas económicas para a reactivación do sector económico da localidade, que estivo parado durante máis de dous meses debido a pandemia do COVID-19.

Entre ás medidas adoptadas dentro dun plan de subvencións encóntranse axudas para todos os sectores, dende asociacións ata empresas pasando por autónomos e emprendedores. «Non vai ser fácil a situación que van a vivir as empresas, veciños ou atónomos. Con elo tratamos de axudar a recuperar a economía» destacou a alcaldesa da localidade Melisa Macía.

Dende o consistorio aprobaron unha axuda de 1000 euros para autónomos, axudas a natalidade, para a rehabilitación de vivendas ou axudas ao alugueiro.

Polo momento establecementos como bares ou restaurantes aínda no abriron as súas portas, polo que os veciños disfrutan da natureza que ofrece o Vilariño como ir a praia fluvial. «Aquí non hai xente bañándose aínda, pero si que aproveitan para ir a pasear, meter os pes na auga, van máis que nada a refrescarse».

Macía tamén falou sobre a chegada de residentes as súas segundas residencias, resaltando que polo momento únicamente chegaron de dentro da provincia de Ourense, que é o permitido pola lei nestes momentos.

Vilariño de Conso aproba un plan de recuperación económica