miércoles 8/12/21

Dous campamentos durante o verán e múltiples actividades formarán parte do periodo estival en Vilariño de Conso

O Concello de Vilariño de Conso prepara a chegada de verán con actividades. Así o adiantou a súa alcaldesa Melisa Macía ca organización de dous campamentos tras chegar a diversos acordos ca Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Un deles estará destinado para os máis pequenos con un máximo de 12 anos de idade. Por outra banda os campamentos de traballo ambiental serán para xóvenes que teñan entre 16 e 30 anos. Nestas actividades de prezos económicos poderán desfrutar dun gran abanico de eventos.

Astroloxía, recuperación de hábitats, limpeza de sendeiros e rutas unido a deportes de aventura como piragüismo, barranquismo, BTT ou visitas aos museos e o Parque do Invernadoiro formarán parte do programa: «Non imos deixar que se aburran» subliñou a alcaldesa da vila.

Carnet xoven

Estes días os mozos que solicitaran o Carnet Xoven da Xunta de Galica están a recibilo. Dende o consistorio non obviaron a oportunidade e ofertarán actividades gratuítas tras adherirse ao programa ofertado por Xuventude da Xunta, que están disponibles durante case todo o ano como o deporte de aventura. O uso do albergue e o ximnasio tamén entran na oferta. «No rural hay posibilidades» salientou a rexedora.

De cara a época estival continúan a preparar actividades, desexando que os visitantes continúen a achegarse ata a localidade como o fixeron durante o inverno.

Os campamentos de verán xa están disponibles en Vilariño