martes. 24.06.2025

Clausura do obradoiro de emprego Terras de Soutos, en Vilariño de Conso

Vilariño de Conso. Concello promotor xunto con Viana do Bolo e a Veiga, clausurou onte, 27 de outubro o obradoiro ‘Terras de Soutos’ no que se formaron 20 persoas
somoscomarca_231028_vilariñodeconso_obradoiroemprego_terrasdesoutos (2)
Clausura do obradoiro de emprego Terras de Soutos, en Vilariño de Conso

Vinte alumnos do obradoiro de emprego Terras de Soutos  promovido polos Concellos de Vilariño de Conso, Viana do Bolo e A Veiga remataron onte a formación recibida ao longo destes últimos meses.

A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macia, valorou moi positivamente esta formación que axudará a «atopar traballo aos que o realizaron». «A valoración sempre moi positiva. Para min  é unha honra, primeiro formar a persoas que podan saír ao mercado laboral e teñan oportunidades», declarou a Somos Comarca.

«Tamén satisfeita pola parte das obras porque ao final cumpriron os obxectivos do proxecto con moi bos resultados, xa que foron capaces no ano que se lle deu, facer todas esas obras, loxicamente sen ter idea de nada partindo de cero e aprendendo», engadiu.

O obradoiro tivo dous ámbitos de desenrolo, por un lado o forestal e por outro a albanelaría. Neste último levouse a cabo a recuperación dos elementos etnográficos, como os fornos de Mormentelos e Pradoalbar.  «Quixemos «humanizar» contornas, como as inmediacións da igrexa de Vilariño, recuperar elementos tradicionais, co fin de evitar que caian no esquecemento».

«En total participaron 20 alumnos, onde 5 foron do equipo técnico. Fixeron plantación de castiñeiros, limpezas, podas... E os de albanelaría rehabilitaron dous fornos, fontes, arranxo nas vías», asegurou.

«En canto aos cursos de formación, algúns sacaron o Celga, outros o graduado, outros as competencias clave. Cursos contra a violencia de xénero, sensibilización ambiental», apuntou respecto ao aspecto educacional do obradoiro.

«Pola parte que me toca creo que o equipo técnico funcionou moi ben, que fixo unha gran labor sobre todo na formación dos mozos e mozas que agora mesmo teñen que saír ao mercado laboral e presentarse», aclarou.

«Despois tamén satisfeita pola parte das obras porque ao final cumpriron os obxectivos do proxecto con moi bos resultados xa que foron capaces no ano que se lle deu facer todas esas obras, loxicamente sen ter idea de nada partindo de cero e aprendendo.  Sempre é satisfactorio e, como digo son 20 persoas que poden optar agora mesmo a un traballo en distintas empresas da zona», concluiu.

somoscomarca_231028_vilariñodeconso_obradoiroemprego_terrasdesoutos (1)
Unha comida no restaurante A Ponte de Vilariño reuniu aos participantes para dar remate aos obradoiros

 

Clausura do obradoiro de emprego Terras de Soutos, en Vilariño de Conso