A zona do centro social de Arcos reuniu a máis de 300 persoas donde Carlos, o asador oficial da Vila, non deixou de mover o bombo das castañas, ata chegar a asar preto de 100 kg, e aínda que algunhas quedaron un pouco crúas o saír o seguinte bombo volvéronse a asar e todo listo. Os bullotes fóronse poñendo nun carretillo e de alí íanas collendo os asistentes.

Ademáis dos bullotes, todos os alí presentes, poideron degustar bolos preñados, viño a raudales, cervezas, auga e licores. Mención especial aos doces, elaborados polas veciñas do pobo, que enchían as mesas e resultaba moi dificil poder elexir. Tampouco faltou a música, que nesta edición correo a cargo dun Dj que amnizou o magosto dende primeira hora.

A organización correu a cargo da asociación de veciños de arcos, as mulleres rurais e os coveiros coa colaboración do Concello de Vilamartín.