domingo. 01.06.2025

«En Vilamartín estamos agraciados con dúas grandes rutas de covas»

Sherezade Núñez, tenente alcalde do municipio, pon en valor estas actividades que se desenrolan en xullo e agosto
somoscomarca_arcos_vilamartin_festacoveira_2023 (14)
Festa Coveira do ano 2023

Unha das actividades máis esperadas do verán en Valdeorras son as rutas das covas. No caso de Vilamartín «estamos agraciados con dúas grandes», asegura a tenente alcalde do municipio, Sherezade Núñez. 

A encargada de iniciar estas actividades será a de Arcos o 13 de xullo a partir das 20:00. As entradas pódense adquirir na Cafetería Makoki, A Horta de Fina e Mar e no Bar Chevalier.

O custo, no caso de adquirila de maneira anticipada, será de 18 euros. Si se compra no momento aumentará a 20 euros. Inclúe cunca conmemorativa, pinchos variados, pancetada, doces, refrescos e viño. Cabe destacar que hai unha capacidade limitada a 1000 persoas. A ruta estará amenizada polo grupo Abertal e DJ Isra. Ao remate da ruta DJ Tariro porá ritmo na praza da festa. 

«Animo a todo o mundo a participar. Gastronomía, viño e música en moi poucos eventos se dan en Valdeorras», matiza Núñez. Ademais asegura que se poderá desfrutar «dun patrimonio arquitectónico como é o que temos».

«En Vilamartín estamos agraciados con dúas grandes rutas de covas»