Como cada 10 de agosto os veciños da parroquia de Arcos, pertencente a Vilamartín de Valdeorras, celebran ao seu patrón San Lourenzo. Faino con una misa solemne e una procesión na que ademais de San Lourenzo procesiona San Isidro Labrador, San Antonio —o dos porquiños— e a Virxe inmaculada.

Os vecinos de Arcos levan xa tempo pondo «guapo» o seu pobo e nesta ocasión non ia ser menos. As diferente iniciativas como sinalar con pizarra os lugares máis emblemáticos, as letras en pizarra co nome do pobo ou os maceteiros pintados ao redor do lavadoiro únese agora un mural feito nunha parde de pedra dunha casa caída.

«As cousas un pouco complicadas, o mérito é do David, o mestre. Coa pintura axudou xente do pueblo, as mulleres. Eu trouxen a louxa grande ca que fixemos o mural. É cousa do pueblo, e como digo encima gratis», sinalaba Carlos López, un namorado da súa aldea, Arcos, que sempre está argallado para poñela no mapa e que se queira ir a ver que cousas novas hai.

Hoxe no día do patrón San Lourenzo se cabe aínda está todo máis bonito, agás unas fochancas que hai ao entrar á igrexa e que os propios veciños se encargaron de sinalar, e ben.

O día grande da festa comnezou coa alborada dos gaiteiros que tamén acompañaron na procesión e na misa coa súa música. Pola tarde xogos infantís , festa coa orquestra Arizona e sorteo de agasallos, Pola noite a verbena correrá a cargo da mesma orquestra.

Parabéns aos veciños de Arcos polo moito que queren a o seu pobo e pola onomástica que hoxe se celebra. Non dubiden mirar esta noite ao ceo a ver si poden ser capaces de contemplar algunha desas estrelas fugaces, e sobre todo pidan un desexo.