sábado. 20.04.2024
somoscomarca_vilamartin_residencia_valdegodos_2023 (2)
A residencia de Valdegodos recibe dous millóns de euros para a adaptación ao novo modelo de cidados

A Xunta concedeulle dous millóns de euros á Fundación Valdegodos para a adaptación da súa residencia de maiores Virxe dos Milagros de Vilamartín de Valdeorras ao novo modelo de coidados. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que visitou esta mañá as instalacións, indicou que dez entidades sociais de Galicia mellorarán os seus servizos ou crearán outros novos coa nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros.

Fabiola García explicou que os fondos outorgados a esta residencia ourensá permitirán crear no centro unidades de convivencia de menos de 25 persoas e máis habitacións individuais, que chegarán ao 75% da capacidade total do equipamento. Ademais, destacou a identidade rural deste centro, que supón un servizo próximo aos fogares das persoas maiores deste municipio e dos da súa contorna.

somoscomarca_vilamartin_residencia_valdegodos_2023 (3)
Fabiola cunha das residentes no ximnasio

O Goberno galego segue a avanzar na implantación do novo modelo, que ten como obxectivo facer aínda máis fogares as residencias de maiores para humanizalas e para que os seus usuarios se sintan como na súa casa. Os piares deste novo modelo de coidados da Xunta baséase na creación de espazos máis privados para os residentes, nunha maior coordinación sociosanitaria para mellorar a comunicación entre estes dous ámbitos e no aproveitamento das novas tecnoloxías para facilitar o traballo dos profesionais e mellorar a atención aos residentes.

somoscomarca_vilamartin_residencia_valdegodos_2023 (1)

A residencia de Valdegodos recibe dous millóns de euros para a adaptación ao novo...