
O concelleiro de Vilamartín, Gonzalo Quintero, amosoulle aos rapaces e rapazas do campamento de verán do municipio, Vilaverán, as instalación do Concello e o que se realiza en cada unha das dependencias. O primeiro edil, Enrique Álvarez, non puido sumarse á visita por ter unha morea de obras abertas nas que se está traballando arreo para rematalas a tempo, como é a rúa das Covas en Vilamartín, Correxais e Arnado.

Sen dúbida o que máis lles gustou foi o salón de plenos onde se sentiron concelleiros por uns intres. Celebraron un pleno extraordinario con votación incluída á pregunta, «a quen lle gustou a visita ao Concello?». A votación do si foi a maioritaria, co cal o paseo pola Casa do Pobo gañou por maioría absoluta.

A anécdota veu nos rogos e preguntas, Quintero, ía dándolle a palabra aos que levantaban a man, aínda que como conta Juan Guntiñas, outro dos concelleiros que alí se atopaba, «parecía o Parlamento inglés, co barullo que había». Uns pediron un campo de fútbol novo, outros as piscinas e Eric, un neno de 6 anos de Penouta, cando o concelleiro lle deu a palabra espetoulle: «Quiero que me arregleis la pasarela de Penouta».

Unha mañá de lecer onde os rapazas e rapaces que participan no campamento achegáronse a realidade do concello e coñeceron o seu funcionamento.
