A Feira de Produtos Artesáns de Córgomo naceu co ánimo de «non deixar pasar o espíritu do pasado ano en Córgomo e de invitar a xente que nos veña visitar de desfrute do pobo». Soledad Figueroa, presidenta das Mulleres Rurais de Córgomo, organizadoras da feira tamén subliñou que «a idea era seguir promocionando Córgomo».
Desde que abría o recinto da feira situado na Praza dos Bolos de Córgomo, ata o peche, non deixou de pasar xente. A pulpeira non deu abasto a facer racións de pulpo e o do bar a mollar o apreciado xantar.
Atopamos artesáns da zona facendo demostracións como Christian Pombo de Spoombini que cando chegamos estaba afacer un palilleiro. Os Barbudos ofreceron licor de variados sabores, algún deles como o de licor café picante moi novidoso. Libros de segunfda man da Casa Tomada, a Mel do Tío Migue ou as Bicas de manzaneda tamén vendian e daban a degustar os seus produtos.

O Marquesado xunto con Terras guigurras presentaba os cosméticos feitos polo segundo coa mel do primeiro. Nestes postos atopamos mosto e aceite da zona, velas e produtos decorativos feitos coa cera das abellas.

Viñaredo ofrecía os seus viños Sousón, Godello e Mencía e Lucas da Horta de Fina e Mar amosaba orgulloso os vermú artesán que está na guía Peñín.

Soledad Figueroa, presidenta das Mulleres Rurais de Vilamartín, valoraba moi positivamente a experiencia e non descartaba repetir o ano que ben. Este é o vídeo da conversa: