As rúas que levaban ás 45 covas participantes nesta vixésimo quinta edición da Festa das Covas de Vilamartín tinguironse da cor vermella paixón. O vermello foi dos panos que para celebrar a ocasión elixio a Asociación de Coveiros e a paixón a que puxeron en organizala e saira todo especialmente ben .
Máis de 4000 persoas en torno a unha festa que naceu hai 27 anos —os dous da pandemia non se fixo a festa— para dar a coñecer unhas estruturas arquitectónicas que ademais de conservar o viño eran lugar de conversa, de celebración de festas ou simplemente para botar un grolo.

Había excedentes de viño e por iso un grupo de veciños e veciñas decidiu que sería bo facer unha «ruta» polas covas e así non botar o que quedaba de colleita polo río abaixo. Recordou a pregoeira, Sara Fernández, que ao primeiro a entrada eran 500 pesetas e participaron sobre 250 persoas.

Daquela comezou chamándose Ruta das Covas de Vilamartín, logo cambio o nome que leva neste 25 aniversario no que os participantes multiplicáronse por case que os anos que leva facéndose a festa.

De todos os lugares das catro provincias galegas, tamén de moitos puntos de España —atopamos xente de Madrid, Toledo, Pais Vasco, Extremadura, valencianos, asturianos...— e até de fora das nosas fronteiras —Dinamarca, Francia, Italia ou Reino unido entre outros—.

Os coveiros artífices de por en marcha e estar ao pé do canón durante toda a celebración serviron o viño e botaron parrafadas cos centos e centos de persoas que pasaron pola cova.

O primeiro sábado de agosto celebrase a Festa das Covas e este ano reinou a cor do pano o «roxo paixón» que é o que sentiron todos e cada un dos que participaron nesta edición. O malo é como terán hoxe o corpo!

Grazas un ano máis aos coveiros que fixeron desta festa multitudinaria un lugar de encontro sen ningún altercado aínda co viño correu a raudales.

Foisenos das mans o de facer fotografias así que fixemos unha galería de día e outra galería de noite, se premes nunha ou na outra podes velas.
Este é o vídeo: