Córgomo ponse guapo!

Botellas feitas pola Mulleres Rurais de Córgomo nas que se le o nome dos barrios e de palabras que aparecen nos poemas de Florencio

Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Cacto que simboliza a México feito con cachos de pratos de Sargadelos
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Botellas feitas pola Mulleres Rurais de Córgomo nas que se le o nome dos barrios e de palabras que aparecen nos poemas de Florencio
Botellas feitas pola Mulleres Rurais de Córgomo nas que se le o nome dos barrios e de palabras que aparecen nos poemas de Florencio
Chere falando con Somos Comarca
O amplo sorriso de Chere contaxia tranquilidade e armonía
Flores no barrio de Sorrego
Botellas feitas pola Mulleres Rurais de Córgomo nas que se le o nome dos barrios e de palabras que aparecen nos poemas de Florencio
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Un grupo de veciños e veciñas mentres realizan o mural
Un grupo de veciñas mentres realizan a plantación de flores no barrio de Sorrego
somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (25)
Un grupo de veciñas mentres realizan a plantación de flores no barrio de Sorrego
Un grupo de veciñas mentres realizan a plantación de flores no barrio de Sorrego
Un grupo de veciñas mentres realizan a plantación de flores no barrio de Sorrego
Conde pintando a cara de Florencio cas cores da bandeira galega
Araceli pinta as letras de Florencio
Chere pintando no mural a portada de Bebedeira
Un grupo de veciñas mentres realizan a plantación de flores na Casa do Pobo
somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (37)
A praza do Gaiteiro Leopoldo
Rafa colocando unha roda de madeira np barrio do Poulo

Chus colocando unha xanela decorativa
Flores na entrada de Córgomo
Os alumnos do obradoiro de Xardinería facendo traballos en Córgomo

Flores por todas as esquinas, botellas de viño para compoñer os nomes dos barrios de Córgomo e palabras que fan referencia aos poemas de Florencio e, agora tamén, un mural realizado por Chere coa axuda dos veciños.

A tan só 10 días da celebración das Letras Galegas os veciños de Córgomo apuran as tarefas para deixar, aíndase cabe, máis bonita a vila natal de Florencio. Hoxe tocou realizar un mural no barrio do Surrego pero antes de chegar ao lugar para falar con Gerardo Cooper, Chere, autor e deseñador do mural, e os veciños que alí estaban tivemos que facer unhas cantas paradas.

A primeira na Casa do Pobo, onde un grupo de mulleres estaban enchendo unhas xardineiras de terra para logo plantar as flores que embelecerán a praza. Un pouco máis adiante unha carretilla chea de flores  chamou a atención do obxectivo.

A fonte da praza do gaiteiro Leopoldo

Polas rúas, limpas coma unha patena, chegamos a praza que homenaxea o gaiteiro Leopoldo. Alí a auga escorrega dun pilón a outro vixiada polas botellas pintadas polas mulleres da asociación de Córgomo.

Rafa suxeitando a roda no barrio do Poulo

Un pouquichiño máis adiante Rafa con taladro en man dispoñíase a fixar nunha parede unha roda e as letras feitas en madeiro co nome do barrio, O Poulo. Nese barrio tamén vimos a Chus colocando unha xanela ao pé dunha escaleira onde se podía ler: As Letras de Florencio.

Chus amosa a xanela que realizou e colocou nese precioso recanto do Poulo

Xa ao fondo un fervedoiro de xente. Si, estabamos chegando a barrio do Sorrego, onde o artista Chere, Gerardo Cooper, coa axuda dos veciños e veciñas estaba a realizar un mural para honrar a Florencio.

Chere pintando a portada de Bebedeira no mural

A implicación dos veciños é unha parte moi importante na obra de Chere. O mural reflicte o seu exilio a México. «Intentamos reunir México e Galicia na parede. Por un lado están as cores da bandeira mexicana, blanco, verde e vermello», explica Chere a Somos Comarca. Non faltan os acios de godello e mencía e unha copa de viño, como en Bebedeira, cuxa portada está tamén pintada en branco e negro. Tamén se pode observar o sol da cultura Azteca ou un cactos realizado con cerámica de Sargadelos. «Como o cactos pincha e Sargadelos pincha fixémolo con pratos rotos», aclara o artista. Florencio está pintado cas cores da bandeira galega, en branco e azul.

Este veciños pintan o sol que representa a cultura Azteca

No seguinte vídeo están as explicación de Chere:

Pero non todos pintaban ou colocaban mosaicos tamén había unhas mulleres que plantaban xeranios e petunias. Outras botaban a terra e outras regaban.

As mulleres prantando as flores no barrio de Sorrego

Non me resistín a dar unha volta pola vila e seguir facendo fotografías de todo o que chamaba a miña atención. Tamén pasei polos lugares onde, o día anterior, vira traballando os rapaces e rapazas do obradoiro de xardinería para comprobar a boa labor feita.

Botellas pintadas polas Mulleres Rurais de Córgomo a saída cara A Portela

Mañá quedará rematado o mural e o que nos gustaría máis, que ver a súa fermosura, sería o que se acabara nunca e a boa veciñanza e ese Córgomo unido polas Letras de Florencio.

Risas e parolas, pero sobre todo moitas ganas de amosar ao mundo un Córgomo, guapo!